ESPÍA DE PALABRAS traducciones é unha axencia unipersoal creada por José Miguel Braña.
Son licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Dende 2002 son intérprete xurado (francés-español), recoñecido polo Ministerio de Asuntos Exteriores español.
Os meus idiomas de traballo son o inglés, o francés, o español e o galego. Así e todo, se precisa algún outro idioma, tamén podo axudarlle, pois conto cunha amplia rede de colaboradores (tradutores nativos do idioma cara o que traducen).
*****